We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

Sacrificial

by Coso Carnobrigo

/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €5 EUR  or more

     

1.
Inverno 05:04
Queda tan só dor. Queda tan só dor. O ar cru dime que estou só, dime que estou só. Canto crin verdade é tan ruín falacia! Van quedándome atrás triscos desta alma. Queda tan só dor. Queda tan só dor. O ar cru dime que estou só, dime que estou só. Estas pedras de marfil que o vento arrastra, mil anacos do que foi, métense nas chagas. Borralo é van; este frío fai lembrar que isto é real E sabe ao sal canto quero eu beber, regos deste chan. Esta fortaleza que acho en min é con quen mellor me podo aliar. Borralo é van; este frío fai lembrar que isto é real E sabe ao sal canto quero eu beber, regos deste chan. Este final non! Este final non! U-la luz? Quedo xa sen voz. Quedo xa sen voz. Xa non podo respirar; hei sacar galadas. Teño dentro un gran nó que no peito alasa.
2.
Como hei eu de saber se esta face do deus Reve é se se me agacha baixo desa pel? Ha un de crer no que agora estes ollos ven? Estes que me enganan unha e outra vez. Son ben fortes mans de vida. Sei que poden ben asila. Ter eu fe? Nada tiven, hoxe teño ren. Es ti quen me abaixa ante os seus pés. Cheo de mel, noutros ollos eu xa te amei. Esta é a cara que o meu fado ten? Son ben fortes mans de vida. Elas poden co don que dás. Grande graza dá o Rei É o fado. E serei eu quen? Dons que el regala proen nesta pel. Que honra é! Mans ben rexas, sei que han poder. Hei de suxeitala e facela ver. Son ben fortes mans de vida. Elas poden co don que dás.
3.
Ti que traes o mal nos petos, saldo para poder matar. Non dás en ouvir os vellos sóbranche en calquera lugar. Montaña e rochas, monte de pedra e mar é isto o que nos fai. Os bravos viven e veñen saudar aos que non teñen nai. Ese teu sorriso negro rise desta xente sa, ti que falas mal os versos falso adorador pagán. Montaña e rochas, monte de pedra e mar é isto o que nos fai. Os bravos viven e veñen saudar aos que non teñen nai. Ningún de vós ha poder pórlle a man ao meu irmán. Quen de vós ha poder pórlle a man ao meu irmán? Ti que cres estar no certo, sabes ti o que é amar? Búrlaste do noso credo, xa se ve o ben que estás. Montaña e rochas, monte de pedra e mar é isto o que nos fai. Os bravos viven e veñen saudar aos que non teñen nai. Ningún de vós ha poder pórlle a man ao meu irmán. Quen de vós ha poder pórlle a man ao meu irmán?
4.
Sacrificial 06:50
Vermes pacen no tumor desa pel sen cor. O teu mal curará? Nesas testas non hai ren, encoméndate ao gran deus. Pelos caen co balor desa testa mol. O teu mal curará? Se non queres perecer, axeónllate aos meus pés. Prega, roga, quen te ha escoitar? A ara. Un camiño só resta é o do altar. Pregas por máis clorofila, vida non hai nese podre val? Dime ti que choromicas. Pides un mar, xa non ouzo máis! Sei que o que fas horroriza. Enches de gas, morre todo o gran. Cancro de pel, sodomita. Fáltache o ar? Nada tocas san.
5.
Sofres esa dor amarga. Tesme que deixar o peso a min. Hei levar contigo a carga. Hei levar! Se tes mal, para min non hai ar, nada queda. Canda ti eu sempre vou estar, cando veña a cal maila a area. Sofres esa dor amarga. Tesme que deixar o peso a min. Hei levar contigo a carga. Hei levar! Hei estar! Hei estar!
6.
A Serpe 03:54
Un nó hai no colar, tórgase cru e cruel. Este é tal pesar que rompe co cordel. Na luz do meu ollar non quero tal infiel. Fóra non hai lugar ha de quedar na pel. Eu heino asfixiar, eu hei poder con el. Xa non lle queda ar dentro do mol anel. E só nun bezoar quedar ha este fel. Isto non ha deixar case ningún ronsel.
7.
El xa marcha. E ha volver? Cantas almas desta vila hoxe parten! Van buscar o fin. Canta lama nesta vida des que marchen han ter que cuspir! Matar ante a ti; morrerei tamén. Matarante a ti; morro eu tamén. Has de volver, guerreiro, para xunto a min; non quero un cadaleito de cor rubí. Cantos lombos do meu pobo hoxe parten, nenos sen cumprir! Cantos lobos do seu cocho hoxe saen. Han ter bo festín! Matarante a ti; morrerei tamén. Matarante a ti; morro eu tamén. Eu quererei veleno se non vés ti. Para min licor de teixo; será o fin. Mortos todos polo chan; fillos do meu clan homes nosos enchen todo o val. Mortos todos sen honrar, corpos sen queimar non han ter un sacro lume e paz. Sen vós que Navia se apiade de nós. El xa marcha. E ha volver?
8.
Proxenie 04:24
Próstrate ante os ancestros. Salvación para os fieis aos eternos. Has de merecer a honra de ser ti o digno fillo dos que non están. Cómpre non deixar que morra has de devolver o brillo aos que non están. Salva o honor que laia. Racha co rubor, que caia. Que ha de ser de nós se non hai tempo xa? Que esperanza queda para eles xa? Será o sangue, é el quen vence. Será o sangue, só el amence. Óllate, levas nos ombreiros bendicións vellas dos antergos. Abre os antigos templos erixidos que mañá hannos de acubillar. Femias dos pasados tempos que sangraron neste lar en min perdurarán. Alza o ollar a Gaia. Saca o valor, que saia. Que ha de ser de nós se non hai tempo xa? Que esperanza queda para eles xa? Será o sangue, é el quen vence. Será o sangue, só el amence.
9.
Seica se rin do falso deus no que cremos. Que dabas ti, que dás? Pagabas mil e máis polo vigor que dá a fe no adaíl. Vin. Si hai, haber hai, eu vin tal podo sentilo ca man. Seica se rin do falso deus no que cremos. Que dabas ti, que das? Pagabas mil e máis polo vigor que dá a fe no adaíl. Teremos a vida, teremos a vida ou non, o que si honra non ha faltar.
10.
Perseveranza 04:17
Eu sei que ti, lacazán, que vés vivir dos demais. Que hei querer, avanzar poder chegar ao final. Se non te ves ti capaz, se non es quen dío xa. Farto de ouvir lamentos, tanta desidia esgota. Cansos do propio peso, odian a quen se esforza Despois de ti, nugallán mañá virán moitos máis. Dis si, despois non estás e dás labor aos demais. Se non tes fe no que fas mellor deixar o lugar. Foxen perante o reto; canto fracaso agoiran! Presos de tantos medos, quérenlle á derrota.
11.
Oh Numes! 04:20
Quero só seguir sentindo este golpe dos meus pés, como impactan cos meus pasos estes ósos contra o chan. Quen entende tanta sorte de na poza non caer. Este entorno nin me roza éme laxo e fugaz. Xa sen dor, só quedará saltar Tal sazón, só pode ir a máis Este ar, só me di que o busque, que o busque. Algo máis sei que hai por diante, xusto diante. Oh, oh, numes, estou xa morta! O perigo xa non importa!

credits

released December 19, 2015

Gravado, producido e editado por Coso Carnobrigo.

Kiko Figueira, batería
Roldán Figueira, guitarra
Antón Beiro, guitarra
Faula Teixeira, voz e composición lírica

license

all rights reserved

tags

about

Coso Carnobrigo GA, Spain

contact / help

Contact Coso Carnobrigo

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like Coso Carnobrigo, you may also like: