1. |
Inverno
05:04
|
|||
Queda tan só dor. Queda tan só dor.
O ar cru
dime que estou só, dime que estou só.
Canto crin verdade é tan ruín falacia!
Van quedándome atrás triscos desta alma.
Queda tan só dor. Queda tan só dor.
O ar cru
dime que estou só, dime que estou só.
Estas pedras de marfil que o vento arrastra,
mil anacos do que foi, métense nas chagas.
Borralo é van;
este frío fai lembrar que isto é real
E sabe ao sal
canto quero eu beber, regos deste chan.
Esta fortaleza que acho en min
é con quen mellor me podo aliar.
Borralo é van;
este frío fai lembrar que isto é real
E sabe ao sal
canto quero eu beber, regos deste chan.
Este final non! Este final non!
U-la luz?
Quedo xa sen voz. Quedo xa sen voz.
Xa non podo respirar; hei sacar galadas.
Teño dentro un gran nó que no peito alasa.
|
||||
2. |
Miraxe na Boca do Río
04:22
|
|||
Como hei eu de saber
se esta face do deus Reve é
se se me agacha
baixo desa pel?
Ha un de crer
no que agora estes ollos ven?
Estes que me enganan
unha e outra vez.
Son ben fortes
mans de vida.
Sei que poden
ben asila.
Ter eu fe?
Nada tiven, hoxe teño ren.
Es ti quen me abaixa
ante os seus pés.
Cheo de mel,
noutros ollos eu xa te amei.
Esta é a cara
que o meu fado ten?
Son ben fortes
mans de vida.
Elas poden
co don que dás.
Grande graza dá o Rei
É o fado. E serei eu quen?
Dons que el regala
proen nesta pel.
Que honra é!
Mans ben rexas, sei que han poder.
Hei de suxeitala
e facela ver.
Son ben fortes
mans de vida.
Elas poden
co don que dás.
|
||||
3. |
Costa da Morte
06:32
|
|||
Ti que traes o mal nos petos,
saldo para poder matar.
Non dás en ouvir os vellos
sóbranche en calquera lugar.
Montaña e rochas,
monte de pedra e mar
é isto o que nos fai.
Os bravos viven e veñen saudar
aos que non teñen nai.
Ese teu sorriso negro
rise desta xente sa,
ti que falas mal os versos
falso adorador pagán.
Montaña e rochas,
monte de pedra e mar
é isto o que nos fai.
Os bravos viven e veñen saudar
aos que non teñen nai.
Ningún de vós ha poder
pórlle a man ao meu irmán.
Quen de vós ha poder
pórlle a man ao meu irmán?
Ti que cres estar no certo,
sabes ti o que é amar?
Búrlaste do noso credo,
xa se ve o ben que estás.
Montaña e rochas,
monte de pedra e mar
é isto o que nos fai.
Os bravos viven e veñen saudar
aos que non teñen nai.
Ningún de vós ha poder
pórlle a man ao meu irmán.
Quen de vós ha poder
pórlle a man ao meu irmán?
|
||||
4. |
Sacrificial
06:50
|
|||
Vermes pacen no tumor desa pel sen cor.
O teu mal curará?
Nesas testas non hai ren,
encoméndate ao gran deus.
Pelos caen co balor desa testa mol.
O teu mal curará?
Se non queres perecer,
axeónllate aos meus pés.
Prega, roga, quen te ha escoitar?
A ara.
Un camiño só resta é o do altar.
Pregas por máis clorofila,
vida non hai nese podre val?
Dime ti que choromicas.
Pides un mar, xa non ouzo máis!
Sei que o que fas horroriza.
Enches de gas, morre todo o gran.
Cancro de pel, sodomita.
Fáltache o ar? Nada tocas san.
|
||||
5. |
Treboada no Mar
03:16
|
|||
Sofres esa dor amarga.
Tesme que deixar o peso a min.
Hei levar contigo a carga.
Hei levar!
Se tes mal, para min non hai ar,
nada queda.
Canda ti eu sempre vou estar,
cando veña a cal maila a area.
Sofres esa dor amarga.
Tesme que deixar o peso a min.
Hei levar contigo a carga.
Hei levar!
Hei estar! Hei estar!
|
||||
6. |
A Serpe
03:54
|
|||
Un nó hai no colar,
tórgase cru e cruel.
Este é tal pesar
que rompe co cordel.
Na luz do meu ollar
non quero tal infiel.
Fóra non hai lugar
ha de quedar na pel.
Eu heino asfixiar,
eu hei poder con el.
Xa non lle queda ar
dentro do mol anel.
E só nun bezoar
quedar ha este fel.
Isto non ha deixar
case ningún ronsel.
|
||||
7. |
Viúvas e Orfos
04:48
|
|||
El xa marcha. E ha volver?
Cantas almas desta vila hoxe parten!
Van buscar o fin.
Canta lama nesta vida des que marchen
han ter que cuspir!
Matar ante a ti; morrerei tamén.
Matarante a ti; morro eu tamén.
Has de volver, guerreiro, para xunto a min;
non quero un cadaleito de cor rubí.
Cantos lombos do meu pobo hoxe parten,
nenos sen cumprir!
Cantos lobos do seu cocho hoxe saen.
Han ter bo festín!
Matarante a ti; morrerei tamén.
Matarante a ti; morro eu tamén.
Eu quererei veleno se non vés ti.
Para min licor de teixo; será o fin.
Mortos todos polo chan; fillos do meu clan
homes nosos enchen todo o val.
Mortos todos sen honrar, corpos sen queimar
non han ter un sacro lume e paz.
Sen vós que Navia se apiade de nós.
El xa marcha. E ha volver?
|
||||
8. |
Proxenie
04:24
|
|||
Próstrate
ante os ancestros.
Salvación
para os fieis aos eternos.
Has de merecer a honra
de ser ti o digno fillo
dos que non están.
Cómpre non deixar que morra
has de devolver o brillo
aos que non están.
Salva o honor que laia.
Racha co rubor, que caia.
Que ha de ser de nós se non hai tempo xa?
Que esperanza queda para eles xa?
Será o sangue, é el quen vence.
Será o sangue, só el amence.
Óllate,
levas nos ombreiros
bendicións
vellas dos antergos.
Abre os antigos templos
erixidos que mañá
hannos de acubillar.
Femias dos pasados tempos
que sangraron neste lar
en min perdurarán.
Alza o ollar a Gaia.
Saca o valor, que saia.
Que ha de ser de nós se non hai tempo xa?
Que esperanza queda para eles xa?
Será o sangue, é el quen vence.
Será o sangue, só el amence.
|
||||
9. |
Ilusións Vivas
04:48
|
|||
Seica se rin
do falso deus no que cremos.
Que dabas ti, que dás?
Pagabas mil e máis
polo vigor que dá
a fe no adaíl.
Vin.
Si hai, haber hai, eu vin tal
podo sentilo ca man.
Seica se rin
do falso deus no que cremos.
Que dabas ti, que das?
Pagabas mil e máis
polo vigor que dá
a fe no adaíl.
Teremos a vida, teremos a vida ou non, o que si honra non ha faltar.
|
||||
10. |
Perseveranza
04:17
|
|||
Eu sei que ti, lacazán,
que vés vivir dos demais.
Que hei querer, avanzar
poder chegar ao final.
Se non te ves ti capaz,
se non es quen dío xa.
Farto de ouvir lamentos,
tanta desidia esgota.
Cansos do propio peso,
odian a quen se esforza
Despois de ti, nugallán
mañá virán moitos máis.
Dis si, despois non estás
e dás labor aos demais.
Se non tes fe no que fas
mellor deixar o lugar.
Foxen perante o reto;
canto fracaso agoiran!
Presos de tantos medos,
quérenlle á derrota.
|
||||
11. |
Oh Numes!
04:20
|
|||
Quero só seguir sentindo
este golpe dos meus pés,
como impactan cos meus pasos
estes ósos contra o chan.
Quen entende tanta sorte
de na poza non caer.
Este entorno nin me roza
éme laxo e fugaz.
Xa sen dor, só quedará saltar
Tal sazón, só pode ir a máis
Este ar, só me di que o busque,
que o busque.
Algo máis sei que hai por diante,
xusto diante.
Oh, oh, numes, estou xa morta!
O perigo xa non importa!
|
If you like Coso Carnobrigo, you may also like:
Bandcamp Daily your guide to the world of Bandcamp